Sorteado o calendario da Liga Feminina 2 para Arxil e Cortegada

Pontevedra
13 de xullo 2021

A competición na Liga Feminina 2 de baloncesto non dará comezo ata o día 2 de outubro nunha fase regular que se prolongará ata o 9 de abril

Partido de Liga Femenina 2 entre o Arxil e o AD Cortegada no CGTD Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil e o AD Cortegada contan xa, a dous meses e medio do inicio da tempada, coa folla de ruta que lles espera na Liga Feminina 2, que esta campaña pasa a ser a terceira categoría nacional.

Tras o sorteo realizado pola Federación Española de Baloncesto, a competición dará comezo o día 2 de outubro con encontros na casa tanto para as pontevedresa como para as arousás, recibindo o Arxil o Alhaurín de la Torre e o Cortegada facendo o propio co Córdoba Patrimonio de la Humanidad.

Tras a estrea, o cadro arxilista deberá afrontar un dobre compromiso a domicilio na cancha do Magec Tías de Lanzarote e do Ibaizábal, antes de volver xogar ante o seu público na cuarta xornada fronte ao Rosalía compostelán.

Pola súa banda o Cortegada viaxará na segunda xornada a Canarias para medirse ao Adareva tinerfeño e na terceira data recibirá na casa o Alhaurín de la Torre.

A Liga Feminina 2 pechará a súa fase regular o 9 de abril cos partidos Arxil-Adareva e Cortegada-Unicaja.

Consulta aquí o calendario completo do Grupo A da Liga Feminina 2 para a tempada 21-22