O Team Farto-BTC afronta a tempada 2026 cun proxecto renovado, internacional e ambicioso.
O conxunto pontevedrés contará con ciclistas de sete nacionalidades, incorpora reforzos de nivel e mantén intacto o bloque sub23 que tan bo rendemento ofreceu a pasada campaña.
O novo grupo estará "unido pola paixón polo ciclismo o desexo de superarse", tal e como destacan desde a dirección do equipo, que avanza aínda quedan novidades por anunciar antes do arranque da competición
Entre as novas incorporacións destacan os nomes da italiana Alice Bottino, a estadounidense Betty Hasse, a portuguesa Raquel Queirós, a irlandesa Esther Wong e as españolas Íngrid Ruiz, Claudia Sánchez e Mireia Trias.
Unha das grandes noticias é o regreso da mexicana Ari Gutiérrez, que xa vestiu as cores do Farto durante tres tempadas antes do seu paso polo AR Monex, conxunto co que competiu en 2024 e 2025.
Así mesmo, o club confirmou a renovación da súa columna vertebral formada pola portuguesa Raquel Dias, a australiana Imogen Francis e as españolas Violeta Hernández, Carmen Mallo e Andrea Prado, todas elas pezas crave dentro do equipo.