Terceiro posto para o Galaico no Galego Master de Natación disputado en Pontemuiños

Pontevedra
16 de xaneiro 2017

Máis de 400 nadadores veteranos déronse cita durante a fin de semana na competición celebrada no Complexo Deportivo Rías do Sur. O CN Traviesas levou o título como mellor club do campionato

Campeonato Galego Máster de Natación Diego Torrado

O CN Traviesas foi o gran vencedor do Campionato Galego Master de Inverno de natación celebrado durante o fin de semana no Complexo Deportivo Rías do Sur.

En Pontemuiños déronse cita máis de 400 nadadores veteranos de 24 clubs de toda a comunidade.

Despois dos dous días de competición, o Traviesas finalizou con 1.315 puntos, seguido do CN Portamiña Lugo (1.002,5 puntos) e o Club Natación Galaico pontevedrés (867 puntos), que pechou o podio da clasificación de clubs na terceira posición.

Pola súa banda o CN Master Pons Vetus finalizou o campionato no posto 14 con 273 puntos.