Teresa Abelleira mantense nos plans do seleccionador nacional absoluto Jorge Vilda, que a incluíu na segunda convocatoria oficial da Selección Española tras o terremoto que supuxo a renuncia de 15 futbolistas a ser citadas.
No que respecta a a centrocampista pontevedresa do Real Madrid, xa participou na anterior lista sendo titular no encontro amigable fronte a Suecia.
Agora Abelleira é unha das 23 xogadoras citadas para o dobre compromiso de preparación que afrontará España contra Arxentina e Xapón con vistas ao Mundial do próximo ano en Nova Zelandia.
O primeiro deses choque disputarase o 11 de novembro ás 20:00 horas no Estadio Municipal Álvarez Claro de Melilla, mentres que o segundo terá como escenario o estadio da Cartuxa de Sevilla o día 15 co mesmo horario.