Tere Abelleira, convocada pola Selección Española para os dous primeiros partidos da clasificación mundialista

Pontevedra
07 de setembro 2021

A centrocampista pontevedresa do Real Madrid mantense no inicio de tempada como unha das apostas do seleccionador nacional e participará nos próximos partidos internacionais fronte ás Illas Feroe e Hungría

Teresa Abelleira, nun adestramento coa Selección Española Absoluta
Teresa Abelleira, nun adestramento coa Selección Española Absoluta / RFEF

O seleccionador nacional, Jorge Vilda, mantén a confianza en Teresa Abelleira no inicio dunha nova tempada.

A centrocampista pontevedresa do Real Madrid é unha das 23 xogadoras convocadas por España para os dous primeiros compromisos internacionais da fase de clasificación para o Mundial de 2023.

Trátase dos partidos que enfrontarán ao combinado nacional coas Illas Feroe (16 de setembro) e con Hungría (21 de setembro), ambos os dous a domicilio.

Abelleira, que debutou coa absoluta en novembro de 2020, regresa á Selección apoiada polas súas boas actuacións nun Real Madrid que vén de estrearse na Liga de Campións.