Tere Abelleira repite na convocatoria da Absoluta para os partidos oficiais ante Illas Feroe e Escocia

Pontevedra
16 de novembro 2021

O seleccionador nacional, Jorge Vilda, deu a coñecer este martes a lista para os dous próximos partidos de clasificación para o Mundial de Australia e Nova Zelandia, e entre as elixidas atópase a centrocampista pontevedresa

Teresa Abelleira nun adestramento co Real Madrid
Teresa Abelleira nun adestramento co Real Madrid /

Aos seus 21 anos Teresa Abelleira é xa toda unha fixa nas convocatorias da Selección Española Absoluta, tan só un ano despois do seu debut co combinado nacional.

O seleccionador nacional, Jorge Vilda, deu a coñecer este martes a lista para os dous próximos partidos de clasificación para o Mundial de Australia e Nova Zelandia, e nela atópase unha vez máis a centrocampista pontevedresa do Real Madrid.

Abelleira foi citada para os partidos oficiais que medirán a España contra as Illas Feroe o próximo 25 de novembro, e contra Escocia o día 30 de novembro.

Ambos os dous encontros disputaranse no Estadio A Cartuxa de Sevilla ás 21:00 horas.