Teresa Abelleira estréase nunha convocatoria da Selección Española Absoluta

Pontevedra
02 de setembro 2020

A centrocampista pontevedresa, que esta campaña defenderá a camiseta do Real Madrid, foi incluída por primeira vez na súa carreira nunha convocatoria da Absoluta de fronte ao amigable que España xogará o 19 de setembro ante Moldavia

Teresa Abelleira nun adestramento co Real Madrid
Teresa Abelleira nun adestramento co Real Madrid /

A progresión de Teresa Abelleira parece non ter fin. A xove centrocampista pontevedresa, que esta tempada fichou polo Real Madrid, debutará tamén coa Selección Española Absoluta.

Abelleira foi incluída este mércores na lista oficial de España para enfrontarse o próximo 19 de setembro a Moldavia na cidade de Chisinau.

Será a súa estrea na Absoluta tras pasar polas diferentes categorías inferiores da selección nacional e mesmo levantar título como o Europeo Sub-19.

O seleccionador, Jorge Vilda, explicou tras dar a lista de convocadas que a pontevedresa "es una centrocampista que pensamos que tiene un gran potencial, con gran calidad técnica y polivalencia dentro del centro del campo porque puede ocupar seis posiciones. Puede jugar de mediocentro, de interior, puede jugar un poco más retrasada e incluso puede jugar de media punta, y eso en un valor añadido en una jugadora", sinalou o técnico.

Xunto a Tere Abelleira completan a convocatoria de España: Lucía García e Ainhoa Vicente (Athletic Club); Amanda Sampedro (Atlético de Madrid); Alexia Putellas, Andrea Pereira, Leila Ouahabi, Mariona Caldentey, María León, Sandra Paños, Aitana Bonmatí, Patricia Guijarro e Jenni Hermoso (FC Barcelona); Alba Redondo e Irene Guerrero (Levante); Ona Batlle (Manchester United); Lola Gallardo (Olympique Lyonnais); Irene Paredes (PSG); Ainize Barea "Peke" (RC Deportivo); Ivana Andrés, Marta Corredera e Marta Cardona (Real Madrid); e Sun Quiñones (Real Sociedad).