Tere Abelleira, tras os seus primeiros días na Selección Española Absoluta: "Estar aquí es un sueño cumplido"

Pontevedra
14 de setembro 2020

A futbolista pontevedresa foi unha das protagonistas este luns da rolda de prensa da Selección Española na concentración do combinado nacional para preparar o próximo duelo fronte a Moldavia

Teresa Abelleira adestrando coa Selección Española Absoluta
Teresa Abelleira adestrando coa Selección Española Absoluta / RFEF

Teresa Abelleira vive os seus primeiros días como integrante da Selección Española Absoluta, tras iniciarse o pasado venres a concentración de adestramento para preparar o encontro que o vindeiro sábado 19 de setembro xogarán fronte a Moldavia.

Despois das súas primeiras sesións a futbolista pontevedresa foi protagonista este luns da rolda de prensa oficial do combinado nacional, xunto á súa compañeira  Peke, na que explicou como sente nestes momentos.

Xa tras a súa primeira toma de contacto Abelleira recoñeceu que "llevo peleando por esto mucho tiempo y estar aquí es un sueño cumplido".

A preguntas de varios xornalistas de maneira virtual, a centrocampista do Real Madrid incidiu en que "al final estar con las mejores es un premio" e iso "te hace exigirte más, aprender cada día".

Tere Abelleira: "Vengo a disfrutar y aprender. No me espero jugar muchos minutos, como es lógico"

Aínda que o seu obxectivo agora pasa por consolidarse na Selección, Tere mantén os pés no chan defendendo que  "vengo a disfrutar y aprender. No me espero jugar muchos minutos, como es lógico", sobre todo tendo en conta que "el mediocampo de España es una pasada. Hay un nivelón increíble, son jugadoras muy buenas y al final yo vengo aquí a disfrutarlo, a apreder lo máximo posible y obviamente quiero volver pero soy consciente del nivel que hay".

Abelleira eloxiou tamén a calidade humana das súas novas compañeiras de vestiario no combinado nacional, e tamén a "mentalidad ganadora" que o técnico,  Jorge Vilda, tenta inculcar ao equipo.

Ademais, volver competir despois de tantos meses de parón obrigado pola pandemia é algo do que "teníamos muchas ganas".

A futbolista pontevedresa seguirá adestrando na Cidade do Fútbol de Las Rozas ata o vindeiro xoves 17, cando a Selección emprenderá a viaxe a Moldavia cara a un partido que pode supoñer o seu debut na Absoluta.