Onda de apoio cara a Teresa Abelleira tras confirmarse a grave lesión que sofre no seu xeonllo esquerdo, coa rotura do ligamento cruzado e tamén do menisco.
A futbolista pontevedresa fíxose dano no adestramento da Selección Española do pasado martes 25 en Wembley, pero non foi até a tarde do xoves na que a noticia se fixo oficial co parte médico publicado polo seu club, o Real Madrid. Desde ese momento, as mostras públicas de apoio non tardaron en chegar.
Un agarimo que quixo agradecer Teresa a través das súas redes sociais cunha mensaxe no que recoñece tamén que "por desgraza non son a primeira nin serei a última", e que ante esta adversidade "hai moitos exemplos para saber que é unha oportunidade para aprender e crecer".
"Teño o mellor ao meu lado para volver máis forte", asegura a campioa do Mundo antes de despedirse cun gráfico "até pronto pelotita".
Por desgraza non son a primeira nin serei a última… Hai moitos exemplos para saber que é unha oportunidade para aprender e crecer.🧠
— Teresa Abelleira (
Teño o mellor ao meu lado para volver máis forte.
Grazas a todas polas mensaxes. ❤️🩹
Até pronto pelotita…🥺⚽️ pic.twitter.com/Z0tiX2Bt6oteresabelleira) February 27, 2025
Nada máis facerse oficial a súa lesión un das primeiras mensaxes chegou desde a conta da Selección Española Absoluta, lembrando que "nos guiaches cara á estrela e agora tócanos acompañarte máis que nunca nesta etapa".
Afirma o equipo nacional que "sabemos que volverás mesmo máis forte" e que "toda a familia da Selección está contigo".
⭐ Guiáchesnos cara á estrela e agora tócanos acompañarche máis que nunca nesta etapa.
— Selección Española Feminina de Fútbol (
💪 Sabemos que volverás mesmo máis forte.
🤗 Toda a familia daSEFutbolFem está contigo,teresabelleira .
❤ 𝗧𝗘 𝗤𝗨𝗘𝗥𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗬 𝗔𝗗𝗠𝗜𝗥𝗔𝗠𝗢𝗦! https://t.co/DZptmTKkDfSEFutbolFem) February 27, 2025
Tamén a seleccionadora, Montse Tomé, compartiu unha mensaxe cara á centrocampista. "Mágoa deste día. Botaremos de menos o teu fútbol", sinalou a adestradora.
Moitos foron ademais as mensaxes recibidas de afeccionados e de compañeiras, destacando os publicados en Instagram polas líderes da Selección Española, as balóns de ouro Alexia Putellas e Aitana Bonmatí.
Alexia, que xa pasou polo duro transo ao que agora se enfronta Teresa Abelleira, afirmou que "sinto moita rabia polo que pasou. É un camiño duro, pero moitas o superamos... E ti encima es doutra pasta. Conseguiralo ao 100%", mentres que Aitana quixo enviar á súa compañeira "moito ánimo" avanzando que "te esperamos de volta".