Título autonómico para a Gimnástica no Campionato Galego por equipos ao aire libre

Pontevedra
25 de abril 2017

O equipo pontevedrés foi o gran dominador da competición ao lograr o primeiro posto por equipos na categoría masculina e o terceiro na feminina

O equipo da Gimnástica celebra o título galego acadado en Ferrol Sociedad Gimnástica

O Campionato de Galicia de atletismo por equipos ao aire libre celebrado nas instalacións ferrolás da Malata tivo un dominador claro, a Sociedad Gimnástica.

O club pontevedrés revalidou o título na categoría masculina grazas a 11 vitorias, catro segundos postos e dous bronces conseguindo un total de 153 puntos, 40 e medio máis que o segundo clasificado.

Pola súa banda o equipo feminino tamén pisou podio ao finalizar nunha meritoria terceira posición con 113 puntos, a oito das segundas clasificadas, cun balance de tres vitorias, catro segundos e catro terceiros postos.

Os triunfos de atletas da Gimnástica foron os logrados por: David Abalde (400 metros), Carlos Porto (800 metros), Manuel Hurtado (3.000 metros), Marco Martínez (altura), David Ferrer (lonxitude), Pablo Brieva (triplo salto), Javier Guzmán (peso), Víctor Gallego (disco) José Manuel Vila (Xavelina), Marcos Cintrón (5km marcha), Lucía Ferrer (100 metros), Camila Alonso (1.500 metros), Paula Martín (lonxitude) e as remudas 4x100 feminina e 4x400 masculina.

Consulta aquí os resultados completos do Campionato de Galicia na categoría masculina e na categoría feminina.