Jéssica Bouzas terá que esperar un pouco máis para lograr unha marca que está ao seu alcance e que chegará tarde ou cedo dada a súa espectacular progresión, o de lograr o mellor ranking da historia dunha xogadora galega.
A arousá tíñao este mércores ao seu alcance nos oitavos de final do WTA 250 de Osaka, en Xapón.
Situada no posto 40 da clasificación mundial, o mesmo que chegou a ocupar en 2006 a pontevedresa Lourdes Domínguez, un triunfo teríalle suposto derrubar esa barreira e entrar virtulamente no Top-30.
Con todo non puido conseguila fronte á romanesa Jaqueline Cristian, número 47 do ranking e á que viña de gañar en Beijing.
Bouzas arrincou como un ciclón, adxudicándose a primeira manga por un contundente 6-0.
Con todo Cristian reaccionou e subiu o seu nivel para remontar nos dous seguintes sets, pechando o partido ao seu favor por 4-6 e 2-6.