"Tremendo orgullo" en Vilagarcía polo debut de Álex César con España no Campionato Iberoamericano

O Salnés
09 de xullo 2025
Actualizado: 9:31

"Un tremendo orgullo para todo o noso Club, con esta primeira participación internacional para un dos nosos atletas", manifestaron desde a Agrupación Atletica MAZI, de Vilagarcía de Arousa

Álex César
Álex César /

Seguen chegando boas novas ligadas a pasada fin de semana. Neste caso este martes facíase pública por parte da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) a lista de seleccionados para acudir ao II Campionato Iberoamericano de atletismo de categoría Sub18, onde o atleta Álex César atópase na lista de 20 elixidos na modalidade de lanzamento de xavelina.

Unha convocatoria que vén da man das súas dúas medallas nacionais esta tempada (prata no inverno, e bronce en aire libre este fin de semana) e tamén pola súa excelente marca de 66.49m que o colocan segundo do ranking nacional e que supuxo unha nova marca galego.

"Un tremendo orgullo para todo o noso Club, con esta primeira participación internacional para un dos nosos atletas", manifestaron desde a Agrupación Atletica MAZI, de Vilagarcía de Arousa.

Segundo detalla a RFEA o II Campionato Iberoamericano de atletismo de categoría Sub18 celebrarase os días 19 e 20 na capital paraguaia de Asunción.

Competirán as novas promesas de España, Portugal e Andorra, de 20 países de América e de media ducia de nacións africanas.

Álex César será dos primeiros en competir xa que as probas de lanzamento de xavelina están programadas para a mañá da primeira xornada, o sábado 19 de xullo.

Neste Campionato concorrerán outras tres atletas galegas Sabela Castelo, Demeku Paniagua e Icía Ares.

Álex César
Álex César