Tres medallas para a Gimnástica na primeira xornada dos Nacionais desta fin de semana

Pontevedra
26 de xuño 2016

Unha fin de semana intensa teñen por diante os atletas da Sociedad Gimnástica. Moitos deles están a participar nos tres campionatos de España que se están celebrando estes días. E por agora, cun balance moi positivo. Tres deles colgaron xa unha medalla

Claudia Puig, coa súa medalla no campionato de España xuvenil
Claudia Puig, coa súa medalla no campionato de España xuvenil / Sociedad Gimnástica

Unha fin de semana intensa teñen por diante os atletas da Sociedad Gimnástica. Moitos deles están a participar nos tres campionatos de España que se están celebrando estes días. E por agora, cun balance moi positivo. Tres deles colgaron xa unha medalla.

En Toledo, estase disputar o campionato nacional da categoría promesa, onde Manuel Castellanos conseguiu unha brillante medalla de bronce no lanzamento de xavelina, cunha marca persoal de 64,87 metros.

No resto de actuacións destaca o pase á final de Alberto Guerrero na distancia de 800 metros, impoñéndose na súa carreira eliminatoria e con serias posibilidades de subir ao podio na final. Tamén en terras castelás Gonzalo Sánchez-Camacho estivo a un pelo de conseguir medalla nos 100 metros lisos. Cunha marca persoal de 10.62, foi cuarto.

Concluíron a primeira xornada Ricardo Gaya e Roberto Tello. Ricardo non tivo o seu día e cun salto de 13,63 acabou o duodécimo da proba de triplo salto, mentres que Tello aínda que mellorou a súa marca persoal nas semifinais dos 400 metros valas, con 53.84, tivo que conformarse co noveno posto global da eliminatoria e quedou sen progresar á final.

En Mataró, pola súa banda, está a celebrarse o campionato de España xuvenil. Nel, Claudia Puig sumou unha medalla bronce no lanzamento de xavelina, grazas a un tiro que alcanzou os 40,63 metros. Participou ademais no lanzamento de disco, unha proba que non prepara tan intensamente como a xavelina e onde finalizou décima con 30,78 metros.

Tamén se viu a Lucía Ferrer correr as primeiras roldas dos 100 metros valas, conseguindo clasificarse para as semifinais, das que terá máis complicado chegar á final. Finalizou a actuación da Sociedad Gimnástica, por este primeiro día, Fernando Rial que non puido clasificarse para a final dos 1.500 metros.

E en Elxe, os veteranos tamén celebraron o seu campionato de España. Nel, David Domínguez colgou a prata na proba de 400 metros valas da categoría de maiores de 35 anos, cun rexistro de 57.82.