Triunfo do Arosa para empezar o ano con bo pé (2-0)

O Salnés
07 de xaneiro 2024

O Arosa empezou da mellor maneira o 2024 e co triunfo deste domingo ante o Somozas logrou meterse nos postos de play-off polo ascenso  

Arosa-Somozas
Arosa-Somozas / Arosa SC

O Arosa empezou da mellor maneira o 2024 e co triunfo deste domingo ante o Somozas logrou meterse nos postos de play-off polo ascenso.

O equipo adestrado por Luisito realizou unha moi boa primeira parte na que chegaron os goles, adiantándose no minuto 7 cun gol de Rubo Blanco e asinando o 2-0 por medio de Martín Diz no 41.

Xa na segunda metade, especialmente no último cuarto de hora de xogo, o conxunto arlequinado tívoa de todas as cores e puido encarrilar aínda máis o duelo, pero o esférico non quixo entrar.

Ademais, o estado do terreo de xogo foi empeorando a medida que pasaban os minutos e acabou nun estado "impracticable", segundo o técnico local, condicionando cada xogada tanto dun equipo como do outro.