O Pontevedra Club de Fútbol segue avanzando na composición do plantel que terá á súa disposición o novo técnico, Nando.
O club granate confirmou este xoves a renovación Rubén López 'Tubo'. O futbolista, que chegou á entidade lerezana procedente do Rápido de Bouzas, seguirá un ano máis logo de aceptar a proposta que lle trasladou Milo Abelleira.
Ademais de Tubo, o Pontevedra informa de que o xogador Diego González, dianteiro a pasada tempada do filial en Rexional Preferente, subirá ao primeiro equipo aínda que manterá o seu ficha co 'B'.
A todo isto hai que sumar a presentación da primeira fichaxe granate, Javi Otero. O centrocampista de Vilalonga, procedente do Betanzos, firma por un ano con opción a unha tempada máis en caso de ascenso, obxectivo polo que asegura recala no club logo de rexeitar a proposta granate nos dous últimos anos por estudos: "veño a traballar, dar todo o posible para que o Pontevedra volva á categoría que se merece, que non é a Terceira".
Javi Otero: "Son un xogador rápido, que sempre deixa todo no campo"
Otero, que se definiu como "un xogador rápido, que sempre deixa todo no campo", asegurou que se sente como en casa ao volver a un club no que xa militou en categoría cadete: "depois de non xogar moito no Montañeros necesitaba un ano de xogar, eso deumo o Betanzos, e agora necesito un paso máis, demostrei que son un bo xogador de Terceira e creo que podo aportar cousas a un equipo grande como o Pontevedra, ademáis xogar en Pasarón sempre é un aliciente".
ACCIÿN GRANATE PREPARA A PRESENTACIÿN DO SEU PROXECTO
O colectivo de socios, accionistas e afeccionados do Pontevedra Acción Granate instalará de novo un posto informativo, nesta ocasión na Praza de España o vindeiro sábado, de 11:00 a 14:00 horas.
Ademais de informar dos obxectivos da agrupación, Acción Granate anuncia que repartirá invitacións para a presentación do seu proxecto, prevista para o martes 18 ás 20:30 horas no Pazo da Cultura.