Un positivo por covid no Cisne obriga a suspender o partido ante o Granollers deste sábado

Pontevedra
06 de febreiro 2021
Actualizado: 17:21

A situación complícase para o Dicsa Modular Cisne que se volveu a ver afectado pola pandemia da covid-19. Segundo comunicou o club pontevedrés, un xogador das súas filas deu positivo en coronavirus e víronse obrigados a suspender o partido ante o Granollers que se ía a disputar este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal

Partido da Liga Asobal entre Cisne e Ademar León
Partido da Liga Asobal entre Cisne e Ademar León / Mónica Patxot

A situación complícase para o Dicsa Modular Cisne que se volveu a ver afectado pola pandemia da covid-19. Segundo comunicou o club pontevedrés, un xogador das súas filas deu positivo en coronavirus e víronse obrigados a suspender o partido ante o Granollers que se ía a disputar este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal.

Agora todo o plantel permanecerá confinado dez días fóra de Álex Chan, que superou o virus e a pertinente corentena cando estaba concentrado en Dinamarca coa selección de Estados Unidos. 

Este novo confinamento, e se non hai máis contratempos, tamén obriga a suspender a próxima xornada en León. A cita do día 20 de febreiro ante o Cangas está no aire á espera da evolución.

Non é a primeira vez que a covid golpea ao club branco. No mes de outubro deuse o primeiro caso no plantel despois de enfrontarse ao Cuenca Ciudad Encantada e agora a historia volve repetirse xa que o último partido disputado polo equipo dirixido por Jabato tras o parón da Liga Asobal polo Mundial foi o pasado martes fronte o mesmo rival.