O Tenis de Mesa Monte Porreiro venceu ao Hispalis e caeu co Huétor Vega na segunda concentración de Superdivisión masculina. Con estes resultados, conclúe a xornada en sexta posición.
O equipo pontevedrés, anfitrión da segunda concentración da liga de Superdivisión masculina, mostrou moi boa imaxe diante da súa afección. A pesar diso, cederon un 1-4 contra o equipo granadino, que se fixo coa vitoria na xornada matinal do sábado.
O domingo foi mellor para os de Nando Álvarez, que competiron para salvar a vitoria no seu enfrontamento contra o Hispalis, ao que venceron por un merecido 2-4.
A seguinte xornada para o Monte Porreiro será en San Sebastián de los Reyes e volverá ser organizador doutra concentración da Superdivisión o 8 de maio.