Uxía Martínez e Rodrigo Figueroa, vencedores do Máster Galego de Tenis celebrado no Mercantil

Pontevedra
15 de xaneiro 2018

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu ademais a Gala do Tenis Galego na que se entregaron os premios especiais da tempada 2017

Gala do Tenis Galego no Pazo da Cultura Diego Torrado

As instalacións do Casino Mercantil gozaron durante varias xornadas co mellor tenis autonómico grazas á disputa do Máster Galego, que reuniu ás 16 mellores raquetas da comunidade en categoría masculina e feminina.

No cadro masculino o vencedor foi Rodrigo Figueroa, despois de superar nunha emocionante final a Martín Millos en dúas mangas (7-6 e 7-5).

A gran sorpresa chegou na primeira rolda da competición coa eliminación do principal favorito, Simón Arca, a mans de Iago Salvador.

Onde se cumpriron os prognósticos foi no torneo feminino, no que a vencedora foi Uxía Martínez, principal cabeza de serie e que se impuxo no partido polo título a Celia Montero por 6-2 e 6-4.

Ao termo das finais a actividade trasladouse ao Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se celebrou a Gala do Tenis Galego na que xogadores e clubs recibiron os premios especiais da tempada 2017.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora