Vai ao balonmán cun par...

Pontevedra
15 de marzo 2016

O Teucro busca un cheo no Municipal que axude ao equipo a gañar o sábado ante o Benidorm no que se cualifica de auténtica final. Por iso regalará dúas entradas para acompañantes a cada socio. No deportivo, Iván Fernández xa coñece o alcance da súa lesión e estará varias semanas de baixa

Derbi entre Teucro e Cangas no Municipal Diego Torrado

É consciente o Teucro do moito que se xoga o vindeiro sábado (20:30 horas) no Municipal ante o Balonmano Benidorm, e por iso encargouse de transmitilo desde o inicio da semana.

Froito do empeño por encher o pavillón e que o público axude a conseguir un triunfo vital na loita pola permanencia, a directiva teucrista regalará entradas aos socios para que poidan levar acompañantes ao partido.

A esta promoción, bautizada como 'os socios cun par...de entradas', poden adherirse os máis de 1.000 abonados da entidade.

"O sábado necesitamos a mellor cara da nosa afección e do Pavillón Municipal", recoñece o entrandor pontevedrés, Quique Domínguez, para conseguir "un par de puntos fundamentais para seguir nesta apaixonante loita pola permanencia".

DESCARTADA UNHA LESIÓN GRAVE DE IVÁN FERNÁNDEZ

A resonancia magnética á que foi sometido o pasado venres Iván Fernández, tras lesionarse durante un adestramento, descartou que o extremo sufra unha lesión grave no seu nocello.

A pesar diso Iván permanecerá varias semanas afastado das canchas, polo que se perderá con total seguridade o partido ante o Benidorm. Padece unha escordadura de nocello con lixeira afectación da cápsula articular, pero non existe fractura, fisura ou afectación do ligamento, como inicialmente temíase.

A de Iván Fernández, salvo contratempo, será a única baixa coa que contará Quique Domínguez para o choque do sábado.