O Grupo Deportivo Supermercados Froiz celebra o paso a profesionais dun dos seus ciclistas máis destacados desta tempada.
Trátase de Vicente Rojas, corredor chileno que vén de vencer na carreira da Copa de España celebrada recentemente en Padrón.
Rojas, confirma o Froiz, asinou un contrato profesional para a tempada 2024 co equipo ciclista profesional italiano Green Project-Bardiani CSF-Faizanè, escuadra que acaba de participar no Giro de Italia.
Para o equipo pontevedrés esta noticia supón "un orgullo e fai que sigamos sendo un referente no ciclismo amateur", aseguraron.
DOBRE CITA COMPETITIVA
A actividade por outra banda non cesa para o Froiz, que nos próximos días afrontará unha dble cita competitiva. Por unha banda participará durante catro xornadas na Volta a Portugal do Futuro, e por outro estará presente no Campionato de Galicia Elite e Sub-23 que se celebra no Gran Premio Concello de Porriño.