Vitoria e liderado para o Arosa (0-2) no Barco

O Salnés
13 de setembro 2015

Arosa SC e CD Barco libraron un partido entre dous equipos chamados a estar na parte alta da clasificación ao final da tempada. Os arlequinados levaron os tres puntos do campo de Calabagueiros grazas aos goles de Hugo Soto e Sylla

Adrián Camiño, no partido entre CD Barco e Arosa SC en Calabagueiros Arosa SC - Rubén Abal

Arosa SC e CD Barco libraron un partido entre dous equipos chamados a estar na parte alta da clasificación ao final da tempada. Os arlequinados levaron os tres puntos do campo de Calabagueiros grazas aos goles de Hugo Soto e Sylla.

A primeira parte foi moi disputada co equipo de Javi Rey tomando a dianteira na posesión pero sen chegar a crear moito perigo. O Arousa adiantouse no marcador na segunda chegada clara dos arlequinados. Fallo dun defensa local no despexe, Hugo Soto recolle o balón e dispara batendo a Macía.

Con anterioridade os de Piscis tiveran outra clara nun man a man de Hugo Soto que desbaratou brillantemente o porteiro local. Os de Valdeorras non se resignaron e probaron sorte de lonxe, con dous disparos de Mitogo e Rubén García.

Na segunda parte o Barco foi a por o partido mentres que os de Pisces esperaban o erro dos locais na creación do xogo para saír ao ataque.

Os arlequinados aumentarían distancias no marcador, sentenciando o resultado mediada a segunda parte cun gol de Sylla, tras un centro de Eloy ao segundo pau. Os de Valdeorras seguírono tentando, con todo a seriedade defensiva dos arlequinados non deu opción aos de Javi Rey, que ademais acabou expulsado. Mesmo Fran Fandiño puido facer o terceiro no desconto, pero mandou o balón fóra.

Con este resultado o conxunto arosista sitúase líder, cos mesmos puntos pero mellor coeficiente que Barbadás e Rápido de Bouzas.