De volta ao sábado para recibir o Celta Fortuna en Pasarón

Pontevedra
07 de abril 2026

O duelo da xornada 34 de liga disputarase no Estadio Municipal de Pasarón o sábado 25 de abril, segundo os horarios confirmados pola parte da RFEF

Balóns de Primeira RFEF no Estadio Municipal de Pasarón

Despois de varias xornadas, o Pontevedra Club de Fútbol regresa ao horario no que máis veces competiu esta tempada, o sábado á primeira hora da tarde.

A Real Federación Española de Fútbol confirmou os horarios da xornada 34 de liga en Primeira RFEF, na que os granates recibirán o Celta Fortuna no Estadio Municipal de Pasarón.

Un partido que foi fixado para o sábado 25 de abril ás 16.15 horas da tarde.

Será un duelo que se incluirá na canle lineal das principais plataformas audiovisuais e que tamén será ofrecido pola Televisión de Galicia.

Antes de chegar alí os granates xogarán aínda este mércores 8 de abril a domicilio contra o Arenas de Getxo (19.00 horas), contra a Ponferradina en Pasarón o domingo 12 de abril ás 16.00 horas e visitarán o Guadalajara o domingo 19 de abril ás 18:15.