Volven as Escolas Deportivas a Marín

Marín
28 de agosto 2021

As Escolas Deportivas Municipais regresarán a Marín o 4 de outubro con diferentes modalidades deportivas nas que poderán participar ao redor de 1.000 nenos e nenas de entre 5 e 14 anos

Presentación das Escolas Deportivas Municipais no 2019
Presentación das Escolas Deportivas Municipais no 2019 / Concello de Marín

As Escolas Deportivas Municipais regresarán a Marín o 4 de outubro con diferentes modalidades deportivas nas que poderán participar ao redor de 1.000 nenos e nenas de entre 5 e 14 anos.

Antonio Traba, concelleiro de Deportes, avanzou este sábado a intención do Concello de organizar unha nova edición que se desenvolva nas instalacións municipais, nos colexios conveniados e nos propios locais das entidades que se acollen a este programa municipal ano tras ano.

A previsión é que o próximo 10 de setembro se presente o programa das Escolas, nun formato adaptado ao covid e con presentacións en diferentes espazos da localidade.

Manterán o carácter variado, ofertando atletismo, baloncesto, boxeo, tenis, fútbol, fútbol sala, ciclismo/btt, piragüismo, vela, judo, natación, patinaxe, remo, taekwondo, axedrez, ximnasia rítmica, artística e acrobática; triatlón, pilates, hip hop, waterpolo, bádminton e tenis de mesa.

O prezo será o mesmo que outros anos, de 50 euros anuais para poder participar na actividade.