Bo arranque ligueiro para o Club Waterpolo Pontevedra, que logrou unha axustada vitoria ante o madrileño CN Cuatro Caminos tras imporse na quenda de penaltis.
Desde os primeiros compases o equipo pontevedrés mostrouse disposto a ir a polo triunfo, mostrándose forte en defensa e moi acertado de cara a portaría, desbordando ao seu rival cun ritmo elevado e chegando a dominar por 2-7, resultado que se achegou a un 3-7 ao descanso tras un gol de Carlota Hagen.
No terceiro cuarto, o dominio visitante continuou e a diferenza chegou a ampliarse até os seis goles (5-11), dando a impresión dun triunfo cómodo para pechar o seu primeiro partido da tempada con confianza.
Con todo, o último cuarto deu un xiro inesperado. O equipo pontevedrés perdeu por completo o control do partido e a reacción das xogadoras locais non se fixo esperar.
Endosaron un parcial de 6-0 co que lograron empatar (11-11), obrigando entón ao seu rival a empregarse a fondo si quería salvar o bo partido feito até o momento.
Alba Rodríguez fixo o 11-12; Ana García volveu igualar; Carmen Rodríguez, a falta de 35 segundos, devolveu a vantaxe ás de Pontevedra e Elia Montoya, tras tempo morto do seu adestrador, anotou o 13-13 que levou o partido aos penaltis.
Na quenda decisiva, o CW Pontevedra mostrou maior acerto, só errando un lanzamento fronte aos dous do seu rival, conseguindo finalmente a vitoria por 16-17.
Consulta as estatísticas neste enlace