Xornada de deporte e convivencia coas escolas de rugby

Poio
12 de maio 2024

Máis de 300 rapaces de entre 4 e 12 anos pertencentes ás escolas de rugby de toda Galicia participaron este sábado na V Concentración de Escolas de Rugby nos campos municipais da Reiboa, na Seca. A cita estivo organizada polo Pontevedra Rugby Club en colaboración co Concello de Poio  

V Concentración de Escolas de Rugby, na Seca
V Concentración de Escolas de Rugby, na Seca / Muralla Rugby Club

Máis de 300 rapaces de entre 4 e 12 anos pertencentes ás escolas de rugby de toda Galicia participaron este sábado na V Concentración de Escolas de Rugby nos campos municipais da Reiboa, na Seca. A cita estivo organizada polo Pontevedra Rugby Club en colaboración co Concello de Poio.

A xornada de convivencia, homologada pola Federación Galega de Rugby, arrincou ás 10:30 horas cun formato torneo nos dous campos municipais da Reiboa.

Sen embargo, xogouse a nivel formativo e non competitivo, de modo que non houbo marcadores e si moita ensinanza e aprendizaxe da man de adestradores e árbitros.

Participaron na xornada o Mareantes, o Ferrol RC, Astérix de Viveiro, Fendetestas RC, Capóns de Vilalba, Muralla RC, Zalaeta, Campus Ourense RC, Lalín RC, CRAT de A Coruña, Santiago RC, Ingleses de Vilagarcía e Universidade de Vigo.

Segundo destacaron desde o club organizador, "as concentracións de rugby son unha oportunidade para xogar ao tempo que se coñecen novos lugares e se fan novas amizades a través do deporte. Unha experiencia da man dun deporte que continúa crecendo cada día". 

Ao remate da xornada os participantes e familiares gozaron dunha comida na contorna da Seca.