Unha xornada para visibilizar a importancia do deporte adaptado

Pontevedra
25 de abril 2025

Por sexto ano a asociación Amizade, en colaboración coa Fundación También, organizou unha xornada multideportiva adapta na Avenida Montero Ríos de Pontevedra

VI Xornada Multideportiva Adaptada na Avenida Montero Ríos Pablo Ajuria

A asociación Amizade, en colaboración coa Fundación También, converteu por sexto ano a Avenida Montero Ríos de Pontevedra nunha gran pista deportiva.

Todo para visibilizar a importancia do deporte adaptado no obxectivo de normalizar a vida de persoas con discapacidade.

A VI Xornada Multideportiva Adaptada ofrecía a opción aos pontevedreses, con ou sen discapacidade, de probar diferentes deportes adaptados, así como coñecer o material que se utiliza nestas modalidades.

Baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia ou slálom eran algunhas das opcións dispoñibles.

Unha actividade dirixida en horario de mañá a máis dun cento de escolares da cidade, pero tamén pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, aberta a toda a cidadanía.