'Xuntanza á galega' como aperitivo á festa do balonmán entre Cisne e Barcelona

Pontevedra
27 de novembro 2022

O Club Cisne Balonmano, con motivo da visita do Fútbol Club Barcelona ao Pavillón Municipal, celebrou unha 'Xuntanza á galega' con comida, bebida e actividades antes do encontro e á que asistiron numerosos afeccionados tanto do club branco como do balonmán en xeral  

'Xuntanza á galega' previa ao partido de Liga Asobal entre Cisne e Barcelona

O Club Cisne Balonmano, con motivo da visita do Fútbol Club Barcelona ao Pavillón Municipal, celebrou unha 'Xuntanza á galega' con comida, bebida e actividades antes do encontro e á que asistiron numerosos afeccionados tanto do club branco como do balonmán en xeral.

O cadro pontevedrés quixo facer deste día unha cita inesquecible e especial porque non todos os días uno ten a oportunidade de verse as caras cun xigante como é o Barcelona, cun persoal infestado de internacionais e que gañou as dúas últimas Champions.