Ángel Moldes amosa as súas armas en Monte Castrove para que o PP gañe a alcaldía de Poio

Poio
03 de maio 2015

O presidente do Partido Popular provincial, Rafael Louzán, e o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, participaron na presentación da candidatura do PP de Poio

Ángel Moldes acompañado por Alfonso Rueda e Rafael Louzán, xunto a Telmo Martín, María Ramallo, Ana Isabel Vázquez e José Juan Durán
Ángel Moldes acompañado por Alfonso Rueda e Rafael Louzán, xunto a Telmo Martín, María Ramallo, Ana Isabel Vázquez e José Juan Durán /

O Partido Popular de Poio, co candidato Ángel Moldes Martínez á cabeza, celebrou durante este domingo 3 de maio a súa tradicional romaría en monte Castrove dirixida a presentar a lista que opta ás eleccións municipais do próximo 24 de maio.

Á cita non faltaron o presidente do Partido Popular provincial, Rafael Louzán nin o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, ao igual que outros candidatos da agrupación política como Telmo Martín, cabeza de lista por Sanxenxo, María Ramallo, candidata de Marín, Jorge Cubela, de Cotobade e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

O evento, que tiña o municipalismo como principal de tema de análise, desenvolveuse coa intervención de Ángel Moldes na Casa do Cazador, que se mostrou crítico coa xestión de Luciano Sobral durante os seus mandatos no concello de Poio. Tras os discursos políticos levouse a cabo unha comida de confraternidade coa presenza de numerosos comensais.