O PP de Poio compromete un forte pulo para o deporte

Poio
20 de maio 2015

O programa electoral do Partido Popular de Poio inclúe máis partidas orzamentarias, novas infraestructuras e unha maior diversificación de modalidades deportivas e recursos para un departamento que pasaría a ser xestionado directamente dende a Alcaldía

Candidatura do PP de Poio ás eleccións municipais PontevedraViva

O programa electoral do Partido Popular de Poio inclúe máis partidas orzamentarias, novas infraestruturas e unha maior diversificación de modalidades deportivas e recursos para un departamento que pasaría a ser xestionado directamente dende a Alcaldía.

O alcaldable popular, Ángel Moldes, explicou os proxectos na área de deportes, que disporán de recursos adicionáis e máis actividades, con énfase no deporte de base.

O candidato do PP reivindica o modelo das escolas deportivas de Poio, "creadas pola concelleira popular Carmela Torres antes da chegada do nacionalista Luciano Sobral á alcaldía".

O plan municipal de deportes do PP incluirá a posta a disposición de dous campos adicionais de céspede artificial, un novo pavillón e a xestión personal dende o despacho do alcalde.