O PP propón melloras para o novo prego das piscinas de Campolongo

Pontevedra
23 de abril 2015

Trátase dunha pequena grada, de 6 u 8 filas ó carón do vaso grande que posibilitaría a realización de pequenos campionatos. Un espazo compartido, con sala de reunións e almacén, para os empregados e clubs deportivos e un mellor aproveitamento da cafetería, que debe ser orientada cara ó exterior das instalacións e non cara o interior, para poder posibilitar o seu aproveitamento incluso cando pechan as piscinas

Reunión do PP cos clubes deportivos de auga PP local

O candidato á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuniuse este xoves pola tarde cos catro clubs deportivos de auga, Club Natación Sincro Pontevedra, Club Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO), Waterpolo Galaico Pontevedra e Natación Master Pons Vetus, que veñen desempeñando a súa modalidade nas instalacións do Complexo Deportivo de Campolongo.

Se o pasado xoves reuníase cos representantes dos traballadores, agora Jacobo Moreira o fai cos clubes deportivos que veñen utilizando as instalacións de Campolongo para poder practicar as súas modalidades.

"No anterior prego, por non atender aos principais actores de estas instalacións cometeuse un prexuízo para todos eles, ao reducir as láminas de auga das catro actuais a tan só dúas, o que imposibilitaba que puidesen seguir desenrolando as súas actividades. Agora, temos unha segunda oportunidade, e non se pode caer nos mesmos erros", sinalou o candidato popular.

Nunha reunión valorada como "moi frutífera", Jacobo Moreira e os clubes deportivos acordaron unha serie de melloras que non ían incluídas no prego anterior e que son de moi factible aplicación.

Trátase dunha pequena grada, de 6 u 8 filas ó carón do vaso grande que posibilitaría a realización de pequenos campionatos. Un espazo compartido, con sala de reunións e almacén, para os empregados e clubs deportivos e un mellor aproveitamento da cafetería, que debe ser orientada cara ó exterior das instalacións e non cara o interior, para poder posibilitar o seu aproveitamento incluso cando pechan as piscinas.