Reducir a viñeta de circulación e conxelar o IBI, entre as propostas fiscais de Cidadáns Pontevedra

Pontevedra
20 de maio 2019

Ademais a formación laranxa propón no seu programa que a cobranza da taxa de terrazas que aos locais de hostalería se realice de maneira mensual   

Visita da candidatura de Cidadáns ao barrio da Parda Ciudadanos

A redución da carga impositiva aos veciños de Pontevedra é unha das propostas de Cidadáns na súa candidatura ás municipais.

En concreto a formación laranxa prevé unha redución do imposto de circulación acorde coa reordenación do tráfico levada na cidade "xa que os veciños soportan unha redución drástica das vías para circular e as zonas de aparcamento, sen que se compensou cunha baixada deste tributo", defende Goyo Revenga.

O candidato de Cidadáns, que este luns realizou unha visita ao barrio da Parda para informar sobre estas iniciativas, propón ademais unha conxelación do Imposto de Bens Inmobles (IBI), con redución para familias usuarias de pisos de protección oficial e para familias numerosas.

Por último defende revisar o resto de taxas municipais, por exemplo o canon anual que se cobra aos locais de hostalería por habilitar terraza, para que "as de cobranza anual poidan ser abonadas mensualmente", sinalou.

Trátase dunhas medidas, explica Revenga, coas que "melloraremos a eficiencia na recadación".