A playlist de...#144: Adrián Solla

Radio
26 de xullo 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Adrián Solla, pianista, arreglista e productor musical.

A playlist de...#144: Adrián Solla

"Sempre quixen ser o que son", di plenamente convencido este pontevedrés dedicado á música como pianista, arreglista e tamén produtor. Se houbese posibilidade de facer un Tetris co tempo, Adrián Solla Graña estaría sen dúbida nos primeiros postos. "A clave do éxito é saber organizar todo para poder facelo". É o seu manual de instrucións porque se non, dificilmente entenderíase que alguén poida sacarlle tempo ao tempo como el fai.

Acaba de participar no Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra con MR RIVER.