'Está lloviendo y te quiero' é un guión inédito de Antonio Mercero Juldain. Agora tamén é a novela que acaba de pór no mercado editorial o seu fillo Antonio Mercero Santos.
O tres integrantes do pseudónimo Carmen Mola déronse un descanso para dedicar un tempo aos seus proxectos persoais. Este 2025 o primeiro en publicar foi Agustín Martínez, seguiulle Jorge Díaz e temos ocasión de charlar tamén esta vez con Mercero.
'Está lloviendo y te quiero' ten moito de homenaxe ao seu proxenitor, non só polo título, tamén porque hai pasaxes da infancia e mocidade do falecido director e guionista.
É un 80% ficción, di e un 20% realidade. A que corresponde á España que discorre desde 1916 até os extractos sacados dos seus antepasados paternos e un feito casual que viviu en primeira persoa.
"Pasoume que en Wallapop, atopei un reloxo de parede do reloxeiro de Lasarte, Ramón Mercero, o meu tataravó. O ví, fíxome graza, logo converteuse en obsesión" e decidiu polo como inicio da novela cun alter ego que é Paula Yarza.
Cando Paula regala ese reloxo ao seu irmán, a nai sofre un infarto. Para Yarza será o inicio dunha viaxe pola súa historia familiar e por unha misteriosa mensaxe no interior do reloxo de parede: está a chover e quéroche.