Boomer el último #31. Tecnoboomers

Boomer el último
17 de maio 2025
Actualizado: 08 de outubro
Tecnoloxías boomers PontevedraViva

Neste capítulo toca falar, polo menos así o expoñen Marcial Outeda e Jesús Fontanes, de 'tecnoboomers'.

Para evitar confunsións, o programa non vai de música nin de xénero techno; eles son de estilos 209 veces máis contundentes.

Un síntoma tecnolóxico para identificar a un boomer pode estar na resposta a esta pregunta: cal é a túa dirección de correo electrónico?, aí está a clave (que non o contrasinal).

Eles entraron nos cibers - si, é correcto, non hai unha confusión con cyborgs -, compraban disquetes, e levan gravado na súa memoria o son dun router.

Esa tecnoloxía xeneracional non é o único que atoparás ao escoitar 'Boomer o último', como dicía o mítico personaxe animado: aínda hai máis...