Boomer el último #34. Episodio terrorífico

Boomer el último
25 de outubro 2025
Terror, mortos viventes, seres diabólicos... fanse oco para unha fin de semana moi apropiada

E esas caras?, que lles ocorreu aos responsables deste podcast?, rápida resposta: esta é unha edición de 'Boomer el último' para pasalo de medo.

Non destapamos nada ao dicir que a Jesús Fontanes e Marcial Outeda quedoulles un capítulo terrorífico.

Terrorífico porque puxeron a atención nas datas que se aveciñan e sacaron suxestións boomers para escoitar ou para ver no último fin de semana deste outubro.

Si o teu non é o de: truco ou trato, propoñen series e películas para pasar 'miedito' diante da pantalla; ou bandas e artistas de sons escuros.

Non só iso, Marcial e Jesús tamén deixan neste episodio algunha que outra confesión, porque tamén eles teñen as súas fobias... e por suposto, moita retranca.