O vigués Luís García-Rey publica o terceiro título da saga policial que protagoniza, Nash, Axel Nash. Esta vez é 'Chantaxe'.
'Axel' chegou en 2023, sucedeulle en 2024 'Loor', alias da súa compañeira subinspectora Lorena Galván e na terceira entrega volven ás rúas de Madrid para resolver outro asasinato.
"A medida que a investigación avanza, os dous policías vanse penetrando nos baixos fondos dunha cidade que nunca descansa. Pronto lles explotará na cara un mundo sen moral e sen códigos, onde o racismo campa ás súas anchas e onde un segredo do pasado move os fíos do poder de todo un país".
E unha pregunta como punto de partida: "Todo o mundo ten un prezo".
O escritor e xornalista deportivo volve ao 'Cara a cara' para falarnos desta recente publicación.