'Paisajes progresivos' #53. Tempo de suites (5)

Paisajes progresivos
14 de decembro 2025
'Paisajes progresivos' edición 14 decembro 2025 Alberto Pazo

Alberto Pazo propón para esta ocasión "unha nova viaxe pracenteira e relaxante ao mundo das suites. Para gozar da música en estado puro, sen présas, sen urxencias, mergullándose nas melodías, nos cambios de ritmos e ambientes que nos ofrecen os temas longos e ben armados".

Quinta entrega temática "con obras non tan coñecidas como en episodios anteriores, pero que seguro que vos agradan e sorpréndenvos".

Soan os italianos Areknamés, "cun aire melancólico e dramático en liña 'hammilliana' e na mesma liña e introducindo sons misteriosos e inquietantes, con toques clásicos, a banda estadounidense Advent".

"Como non todo vai ser melancolía e introspección, para iso están os cataláns Cheeto's Magazine, cunha megasuite que nos fará pasar un intre moi divertido e agradable".

E para completar edición "un épico dun grupo veterano que ofrece un son límpido e cristalino: os canadenses Mystery. É momento, por tanto, de tomarse un tempo, relaxarse e gozar destes sons grandiosos".