23X | Os sete deputados e catro senadores pontevedreses que tomarán posesión o 17 de agosto

Pontevedra
24 de xullo 2023

Pontevedra pasa a ter no Congreso e o Senado unha representación totalmente renovada, pois todos os novos representantes electos son novos no cargo, aínda que si se repetirán dúas caras en distinto posto, Marica Adrio e Modesto Pose, que serán eran senadores e serán deputados

Novos deputados por Pontevedra no Congreso
Novos deputados por Pontevedra no Congreso / PontevedraViva

Tras as eleccións xerais deste 23 de xullo, Pontevedra pasa a ter no Congreso dos Deputados e o Senado unha representación totalmente renovada, pois todos os novos representantes electos son novos no cargo, aínda que si se repetirán dúas caras en distinto posto, as dos xa deputados electos do PSOE Marica Adrio e Modesto Pose, que ata o de agora eran senadores e agora pasan á Cámara Baixa. 

Así quedará a representación da provincia, sete deputados e catro senadores. 

CONGRESO:

O PP terá tres representantes, encabezados por Ana María Pastor Julián, que xa é veterana no Congreso, Cámara que chegou a presidir durante o Goberno de Mariano Rajoy, aínda que nas eleccións de 2019 presentouse por Madrid e non por Pontevedra. Os outros dous escanos ocuparanos Irene Garrido Valenzuela e Pedro Puy Fraga.

O PSOE tamén terá tres representantes no Congreso, encabezados polo secretario provincial do partido, David Regades Fernández. Ségueno unha pontevedresa, Marica Adrio Taracido, e un vilagarcián, Modesto Pouse Mesura.

Sumar terá unha representante pontevedresa no Congreso, Verónica Martínez Barbeiro

SENADO:

O PP terá tres representantes no Senado, encabezados por unha pontevedresa, a concelleira e número 2 do partido na capital, Pepa Pardo. Tamén representarán a Pontevedra na Cámara Alta José Crespo Iglesias e Nidia María Arévalo Gómez.

O PSOE terá unha soa representante no Senado, a presidenta do PSOE galego e ex presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego.

Salvo renuncia, tomarán posesión dos seus escanos o próximo 17 de agosto, día en que se constitúan o Congreso e o Senado para abrir a XV Lexislatura. As sesións constitutivas desenvolveranse de forma simultánea en ambas as Cámaras.