O Concello de Meis intensifica a súa loita contra a violencia de xénero este martes 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Durante estes días desenvólvese unha campaña coa instalación de carteis co posicionamento contra a violencia de xénero en sinais de tráfico por todo o municipio, visibilizando o compromiso en espazos públicos.
A través da concellería de Igualdade, as accións do 25N inclúen tamén a lectura dun manifesto en colaboración co alumnado dos centros educativos:
-
Ás 11:30 na Aula de Santo Tomé do CRA de Meis.
-
Ás 12:00 no CPI Mosteiro.
-
Ás 12:45 no CEIP Armenteira.
Ademais, durante este mes permanece activo no Centro Multiusos do Mosteiro un Punto morado informativo con folletos e material divulgativo para toda a cidadanía.
Estas iniciativas súmanse ao traballo do Concello para sensibilizar á poboación máis nova e ao conxunto da poboación sobre a necesidade de erradicar todas as formas de violencia de xénero, cunha mensaxe clara: "en Meis, a voz das mulleres non se apaga".