5.844 pensións foron decisivas na crise para soster a familias no municipio de Pontevedra

Pontevedra
16 de maio 2018

Os sindicatos CC.OO. e UGT concentráronse este mércores ante a Subdelegación do Goberno para pedir a derrogación da reforma das pensións do ano 2013

Concentración do UGT-CC.OO. en protesta polas pensións Miguel Álvarez

Este mércores decenas de delegados dos sindicatos UXT e CC. OO. concentrábanse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra para reclamar a derrogación da reforma das pensións do 2013

Estes sindicatos indican que, durante o período máis grave da crise económica, no concello de Pontevedra miles de familias puideron subsistir grazas a 5.844 pensionistas, o que significa que catro de cada dez pensións axudaron a que familias en situación difícil conseguisen saír adiante. 

Actualmente na provincia, as pensións son unha fonte de ingresos de 207.000 persoas na provincia, de 24.000 na comarca e 14.721 no concello de Pontevedra. 

Denuncian que o Goberno de Mariano Rajoy non revalorizou as pensións nos orzamentos xerais do Estado para este ano e tampouco ofrece solucións aos problemas da Seguridade  Soccial.

Estes sindicatos inciden en que é necesario garantir a viabilidade do sistema de pensións porque, pola contra, a relación media entre a pensión e o último salario caerá do 80% a menos do 50% provocando unha perda de poder adquisitivo moi grave para os pensionistas.