Con 680.000 euros renovarán os campos de fútbol de Noalla e Baltar de Arriba

Sanxenxo
01 de abril 2025

Está previsto o cambio do céspede artificial e a modernización do actual sistema de rega. As obras terán un prazo de execución de doce semanas

Visita de Telmo Martín ao campo de fútbol de Noalla Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo puxo en marcha o procedemento para renovar os campos de fútbol de Noalla e Baltar de Arriba cun investimento de 678.737 euros.

A licitación, financiada con fondos municipais e xestionada a través da fórmula de renting, inclúe a instalación de céspede artificial de última xeración e a actualización do sistema de rega.

A empresa adxudicataria deberá retirar previamente o material existente, como portarías e sistemas de rega antigos, antes de comezar os traballos, cuxo prazo estimado é de tres meses.

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, visitaron este martes o campo de Noalla, onde recentemente se completaron obras de mellora na iluminación e as bancadas, cun investimento superior aos 107.000 euros, parcialmente subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

O novo céspede cumprirá coa estándar FIFA Quality Prol e as normas UNE 15330, garantindo a súa homologación para fútbol 11 e fútbol 7. En Noalla cubriranse un total 6.453 metros cadrados e en Baltar, 6.262 metros cadrados.

Ademais, está prevista a instalación de 12 canóns de rega de impacto emerxente con rotación de 360 graos, segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo.

As obras tamén inclúen melloras complementarias en Noalla, como a substitución de varandas e o peche perimetral.