Neste 8 de marzo realizáronse diferenes actividades nos centros do campus universitario pontevedrés con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, según informa el DUVI.
Na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a profesora e ex secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Carme Adán, analizou o proxecto 'Sophias', unha webserie que pretende presentar a través dunha linguaxe audiovisual o pensamento de grandes filósofas como María Xosé Agra, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Simone Weil ou Judith Bulter.
En Dirección e Xestión Pública promovíase a lectura dun manifesto que expoñía a necesidade de buscar solucións para facer fronte ás importantes fendas existentes na actualidade para lograr unha igualdade real entre mulleres e homes na sociedade. A través do espazo Ágora reflexionouse sobre todas esas violencias e discriminacións que seguen sufrindo as mulleres.
Beatriz Felpeto lía o manifesto que incidía en problemas concretos como o teito de cristal, a ausencia de linguaxe inclusiva e o déficit de mulleres en postos de responsabilidade e equipos directivos.
Por último, na Facultade de Belas Artes arrincaba unha nova edición da iniciativa '8 mulleres para o 8M'. Durante oito semanas difundirase na web e redes sociais deste centro as obras das artistas seleccionadas por oito docentes.
Nesta primeira xornada ofreceuse o traballo da pintora estadounidense Lisa Yuskavage. A iniciativa complétase coa exposición 'Voilá la Femme', que ofrece obras de seis estudantes nunha exposición colectiva que se inaugurará este xoves 9 no Ateneo Santa Cecilia de Marín.