8M | "Traballo, Igualdade e Salarios Dignos", reivindicación da CIG no Día da Muller

Pontevedra
08 de marzo 2025
Actualizado: 20:16

O sindicato nacionalista convocou unha manifestación ás 12.00 horas deste sábado para reivindicar unhas condicionais laborais equitativas para as mulleres e os dereitos aínda por conquistar

Manifestación da CIG en Pontevedra con motivo do 8M Cristina Saiz

Por todos os dereitos aínda por conquistar pero, sobre todo, por unha Galicia con 'traballo, igualdade e salarios dignos' para todas as mulleres.

Era parte da lema da manifestación que este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, convocou a CIG polas rúas de Pontevedra.

Con esta protesta o sindicato nacionalista pretendía reivindicar unhas condicionais laborais equitativas para as mulleres, que seguen a sufrir unha importante brecha laboral.

Esta desigualdade tradúcese en case 4.700 euros brutos anuais menos para as mulleres en comparación cos homes, ou cunha diferenza do 33,6% nas pensións.

A central advirte que esta brecha, que chega a ser do 18,4% en Galicia, non se poderá reducir mentres non exista unha valoración xusta dos traballos tradicionalmente feminizados.

Outra das reivindicacións da CIG este 8 de marzo é incremenbtar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) até chegar aos 1320,04 euros.

Alcanzaríase así o 60% do salario medio do conxunto do estado tal e como recomenda a Carta Social Europea.

Ademais desta protesta, centrada nas condicións laborais das mulleres galegas, a CIG estaba chamada a participar na marcha prevista para a tarde deste sábado 8 de marzo en Pontevedra coordinada polo movemento feminista galego.