Preto de 220.000 euros. É a cantidade que ten reservada a Xunta de Galicia para abordar a ampliación do centro de saúde de Moraña, un proxecto que xa está incluído no plan de infraestruturas deseñado polo goberno galego para reforzar a atención primaria.
Así llo garantiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao alcalde de Moraña, José Cela, co que se reuniu para analizar a evolución dos proxectos de interese para o municipio.
Núñez Feijóo explicou que no primeiro semestre de 2022 estarán rematadas as obras de modernización integral do campo de fútbol de Mirallos, que inclúen a dotación dun ximnasio.
Ambos dirixentes abordaron tanto a renovación de beirarrúas na PO-226 como a mellora do firme do treito de 300 metros da PO-221, desde a intersección coa PO-226 ata unha glorieta.
Ademais, a Xunta está a tramitar a axuda solicitada polos concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña para a adquisición dun punto limpo móbil para a xestión de residuos especiais.
No encontro se tratou tamén o convenio con Caldas, Moraña e Cuntis de compensación pola construción do encoro do río Umia e, con respecto a este río, o titular do executivo galego e o rexedor de Moraña analizaron a posibilidade de executar unha futura senda fluvial.
A casa do maior de Moraña, por último, recibirá da Xunta unha achega de 15.000 euros para investimentos no local e 25.000 euros anuais para o seu mantemento.