A área sanitaria mantén 58 pacientes hospitalizados, oito deles na UCI, e suma 42 novos contaxios nun día

Pontevedra
02 de decembro 2020

O total de casos activos sitúase en 1.122, 15 menos que o martes, dos que 1.064 son persoas que permanecen en illamento nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 4.383 pacientes, dos que 57 confirmáronse na última xornada e faleceron 56 

Evolución da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a data 2 de decembro Sergas

A presión asistencial descende lixeiramente na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que mantén este mércores un total de 58 pacientes con covid-19 hospitalizados, catro menos que os dous últimos días. Deles, un é un home que faleceu nas últimas horas no Hospital  do Salnés e os outros pacientes que recibiron a alta médica.

Segundo o último balance oficial realizado polo  Servizo  Galego de  Saúde, hai oito pacientes na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, dous máis que o martes, pero baixaron de 56 a 50 as persoas que están ingresadas en planta dos distintos hospitais da área sanitaria

En concreto, hai 41 pacientes en planta de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 4 no Hospital  do Salnés.

A pesar deste descenso da presión asistencial, a área sanitaria non para de rexistrar novos contaxios. Este mércores confirmáronse 42 novos positivos.

O total de casos activos sitúase en 1.122, 15 menos que o martes, dos que 1.064 son persoas que permanecen en illamento nos seus domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 4.383 pacientes, dos que 57 confirmáronse na última xornada, e faleceron 56 pacientes, o último este martes no Hospital  do Salnés, un home de 93 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto a realización de  PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 736, que elevan a 91.451 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés .

A nivel autonómico, segundo o último balance oficial, en toda Galicia hai este mércores 7.537 pacientes coa infección activa, o que supón 109 menos que o luns. Nas últimas 24 horas confirmáronse 328 novos positivos en probas  PCR.

Nos hospitais galegos hai 431 pacientes hospitalizados, dos que 364 están en planta. Outros 67 permanecen en unidades de coidados intensivos.

Ata o momento, curáronse na comunidade 44.086 persoas e faleceron 1.221

Os servizos médicos galegos realizaron desde o inicio da pandemia 911.063 probas PCR e 424.640 probas serolóxicas.