A asociación veciñal de Combarro presenta 33 alegacións á senda da PO-308

Poio
27 de novembro 2018

Entre outras medidas a xunta directiva desta asociación pide varios pasos de peóns, algún deles con semáforo de pulsador, e que se constrúa unha rotonda no cruce de Seca e outra no cruce do colexio de Chancelas

Obras na PO-308, no treito O Covelo-Raxó Mónica Patxot

A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa "Combarro" do Concello de Poio vén de presentar 33 alegacións ao proxecto da Xunta de Galicia para executar unha senda na estrada PO-308 nos treitos entre Fontenla e Combarro e entre Combarro, Chancelas e Samieira.

O presidente da AVCR Combarro, Valentín Silva, lamentou que o Concello de Poio non fixera unha exposición pública, con explicacións técnicas dirixidas á cidadanía e ás organizacións sociais, destes proxectos da Consellería de Infraestruturas.

Entre outras medidas a xunta directiva desta asociación pide varios pasos de peóns, algún deles con semáforo de pulsador, e que se constrúa unha rotonda no cruce de Seca e outra no cruce do colexio de Chancelas.

Ademáis propón a dotación de varias zonas de aparcadoiros en batería a carón da senda peonil en zona afectada por Costas, en sentido Sanxenxo-Pontevedra.