Miles de persoas desafiaron ás baixas temperaturas saíndo ás rúas de Pontevedra para gozar da Cabalgata de Reis.
Nenos e maiores rivalizaron coas súas colleitas de caramelos, mentres que algún protexía a cara ao paso das carrozas para evitar un caramelazo fortuíto. Ata dúas toneladas de caramelos repartíronse hoxe.
Seis carrozas e máis de 300 persoas desfilaron na Cabalgata das súas Maxestades de Oriente que tardou unha hora e media en completar o seu percorrido.
Ao terminar a Cabalgata e aínda con Melchor, Gaspar e Baltasar dando os seus discursos na Ferrería eran moitos os nenos que xa pedían volver para casa, porque había que deitarse pronto e deixar preparado algún aperitivo para a comitiva real.