A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra

Pontevedra
13 de xullo 2021

A Comisaría Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da  XXXV Promoción da Escala Básica que durante os meses completaron a súa formación pasando polos distintos departamentos da Policía Nacional 

Acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da XXXV Promoción da Escala Básica Policía Nacional de Pontevedra

A Comisaría Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da  XXXV Promoción da Escala Básica que durante os meses completaron a súa formación pasando polos distintos departamentos da Comisaría de Pontevedra.

Os policías en prácticas chegaron a Pontevedra en setembro superar as probas da oposición e un curso académico de carácter selectivo de formación na Escola Nacional de Policía en Ávila. Agora, tras varios meses en prácticas, completaron o seu período formativo. 

O acto de despedida estivo presidido pola comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e polos distintos xefes de Brigada de Pontevedra. 

Tras o mesmo, desde a Comisaría destacaron que o módulo de formación práctica é especialmente importante para que os policías en prácticas obteñan o nivel de profesionalización requirido para o desempeño posterior das funcións policiais propias dos distintos postos de traballo que vaian ocupar.