Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade, presentou este xoves un contrato para a conservación de estradas e que estará vixente durante un prazo de catro anos.
Trátase dun contrato, divido en tres lotes (zona norte, zona centro e zona sur) para o que se destinarán 16 millóns de euros para traballos de mantemento como rozas, renovación da sinalización horizontal, mellora de drenaxes ou construción de muros de contención, entre outros aspectos.
1.700 quilómetros de estradas dependen da Deputación
"A Deputación ten 1.700 quilómetros de estradas provinciais, un enorme patrimonio viario que hai que conservar", sinalou Benítez.
Este investimento, a razón de 4 millóns anuais e que será levada ao próximo pleno provincial para a súa aprobación, únese ao contrato en trámite por valor de 4,4 millóns por ano (17,6 millóns de euros) para reparacións e conservación no firme das estradas.
Estes dous contratos, xunto ao traballo das brigadas provinciais, compoñen os tres puntos base do modelo de conservación das infraestruturas viarias que quere implantar a Deputación cunha "visión a medio e longo prazo", explicou Uxío Benítez.