A Deputación entra de cheo no turismo científico coa 'Ruta da Ciencia Areeiro'

Pontevedra
22 de novembro 2021

A Deputación de Pontevedra lanzou este luns un proxecto piloto de turismo científico co obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía ao tempo que se pon en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Con esta iniciativa, a estación logra o selo Observer de turismo científico

Carmela Silva coñece a 'Ruta da Ciencia Areeiro' Deputación Provincial de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra lanzou este luns un proxecto piloto de turismo científico co obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía ao tempo que se pon en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro

A presidenta provincial, Carmela Silva, supervisou este luns o percorrido que terán as visitas guiadas deste proxecto, bautizado como a 'Ruta da Ciencia Areeiro', que versará sobre a investigación botánica en Galicia, a camelia ou a relación entre a tecnoloxía e os cultivos de árbores froiteiras. 

Con esta iniciativa, a estación logra o selo Observer de turismo científico, un certificado que tamén ten o Castelo de Soutomaior. 

Carmela Silva destacou que con este selo "xa somos unha provincia de ciencia certificada" e predice que la finca do Areeiro vai ter moitísima presencia e recoñecemento. O título vai a permitir dar a coñecer a EFA moito máis e facelo cara o público xeral para que a sociedade tome conciencia da importancia de manter a biodiversidade.

Na súa visita, Carmela Silva puxo en valor o traballo que se realiza no centro, que é unha gran referencia nacional e internacional, e destacou que ao longo da súa historia converteuse en "imprescindible" para o sector privado".  

Tamén aproveitou para facer un recoñecemento ás mulleres que traballan no eido científico e a Carmen Salinero, xefa do servizo da EFA e "nai das camelias en Galicia e en toda España".